Xan tiña un poema escrito,
listo para publicación,
cando o quixo publicar,
respondéronlle que non.
A culpa non foi de Xan,
pois o poema era bo,
a culpa foi do carallo
que armou a revolución.
E por esas caralladas
que o carallo sempre fai
o carallo do poema
non o querían publicar.
E foi cando Xan lle dixo:
que sería deste mundo…
sen ter o carallo a man,
pois cando o carallo falte
acábase a raza humán.
Publicáronlle o poema
e Xan botouse a berrar:
Amigos, ¡viva o carallo
Que é, o pai da humanidá!
María Magdalena Domínguez
Poesía publicado en el libro «Alma de can» , publicado por la Asociación Galega para Cultura e a Ecología (AGCE).